Sensibilidade a flor de pel..
http://youtube/4P1AMoRKvOE
Agardade un pouco, atopéi un rapaz en internet que a toca e a canta de coña, a crava!!
Déixovos a letra pra disfrutala un pouco máis.
Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa nos outos muros da noite.
Nun pano cor de limón
pon o teu nome e no mar
ízao no mastro maior.
Vou escribilo na area
có tinteiro de alborada
pra que o vexan as sereas.
Se o teu nome naufragase
ían saber a vainilla
as augas dos sete mares.
Con branco fío de seda
vouno bordar na bandeira
dunha nao que sae pra Cuba.
Pra Cuba non meu amor
quero que vaia o meu nome
prá illa de Curaçao.
www.youtube.com/watch?v=4P1AMoRKvOE
No hay comentarios:
Publicar un comentario